lunes, 21 de septiembre de 2015

"FELIZ CUMPLEAÑOS" MICRORRELATO PUBLICADO POR LA EDITORIAL DIVERSIDAD LITERARIA EN LA ANTOLOGÍA "PLUMA TINTA Y PAPEL"


Veinte velas. Ojos morados. Tiemblo al tiempo que aparece cantando feliz cumpleaños. Como si ayer no existiera. Como si fuéramos una pareja normal.

Treinta velas. Ojos pintados. La memoria apela a mi conciencia mientras hundo el cuchillo en la tarta, de la misma forma que me cobré su vida. Pero no derramo ni una sola lágrima.





martes, 15 de septiembre de 2015

A VERDADEIRA HISTORIA DE CINCENTA.


Fai moitos anos, nunha maxestuosa casa colonial vivía a moza máis caprichosa e repelente do reino, de nome soado e sobradamente coñecido Cincenta.

Cincenta era superficial, artificial e tiña delirios de grandeza. Gañaba moreas de cartos, contoneando as súas cadeiras en Cibeles mentres tiña escravizadas as súas irmans e madrastra obrigándolles a coser ata ben entradiña a madrugada os fermosos vestidos cos que ela desfilaba.

Unha noite nunha festa de Gaultier coñeceu a un fermoso príncipe encantado. O tipo era todo un exemplar en perigo de extinción, guapo, alto, cos ollos azuis, fortachón... un auténtico "gentelman". E como era de esperar Cincenta namorou a primeira vista daquel galán. Coqueta e fachendosa do seu glamour acercouse a él segura de ser quen de roubarlle o corazón mais el rexeitouna de primeiras e sen ningunha clase de tacto sentenciou " Eu non quero mulleres artificiais e de diseño, podes marchar a encandilar a outro" Cincenta afeita a ter a todo canto home quería aos pés non se deu por vencida e tentouno unha e outra vez mais a cada intento o príncipe contestaba peor.

Farta de que lle deran tantas largas finalmente cansou, chorando desconsolada marchou de volta ao palacio e cando chegou seguiu a chorar con toda ata o amencer. Tanta bágoa derramou, tanta pena daba a nosa Cincenta que á súa fada madriña non lle quedou máis remedio que acudir na súa axuda. "Cincenta deixa de chorar, se ao principe queres namorar deberás convertir nunha muller de verdad e deixar de ser tan artificial"

Coa axuda do fada madriña Cincenta púxose mans a óbra e cos seus finos dedos coseu durante horas e horas un vestido. Un vestido feo, cheo de remendos e descosidos, sen costuras ben feitiñas, sen encanto, sen ningunha clase de estilo. O resultado era de todo menos atractivo mais era froito do seu propio sacrificio.

Unha vez rematado, vestiu con el e marchou de volta a festa de Gaultier, disposta a conquistar o amor da sua vida, ao seu principe encantado. Todas as miradas pousáronse nela cos dedos apuntando ao seu horrible vestido mentres ela buscaba ao seu principe coa cabeza gacha entre risas e burlas. Pero tanta humillación non serviu de nada, o príncipe non estaba.

Tal foi a desilusión que marchou a correr espantanda perdendo polo camiño un dos seus zapatos. Mais non volvería atrás, estaba farta. Nunca máis desfiles nin pasarelas, non quería saber de príncipes nin de ser a reina das festas.

E pasaron os días e as semanas. Cincenta pasaba o tempo escribindo fermosos contos que logo contaba aos nenos da aldea tratando de olvidar ao seu príncipe pero era imposible. Estaba completamente namorada.

Un día, cando estaba a piques comenzar a escribir outro conto chamaron a porta da casa. Cincenta abriu e, sorprendida, atopou ao seu príncipe encantado que viña portando o seu zapato. "Agora que eres unha muller fermosa, aquí tes o teu zapato e un príncipe de por vida, para darlle un final feliz a túa triste historia"