No ceo estase a representar a máis discordante das obras. As estrelas alumean a escena dirixidas pola Osa Maior. Pero non están soas. Compiten con outras máis artificiais e menos fermosas ao tempo que berros, prantos e tronos sen raios dan vida á banda sonora.
De socate aparecen as fugaces ao rescate da Osa. Están todas. Oriónidas, Tauridas, Leonidas, Geminidas. Caen ao intre de ser vistas, coma os corpos que asomamos polas trincheiras. Mais aínda queda algunha. Non hai tempo que perder. É o momento de pedir o desexo. Cruzo os dedos e prégolle ao ceo que poña punto final á historia. Suplícolle que cesen dunha vez por todas as bombas.
Paula Xirasola