miércoles, 28 de diciembre de 2016

CONSPIRANOICA


Camiñas descalza sobre cristais que rompes ti mesma. 
O sangue brota dos teus pes, macabro, desapiadado e sádico
Tinguindo a realidade dunha cor que soamente ti podes ver.

Florecen desatadas e desbocadas as negras teimas e tolemias. 
Mente retorta que goza bailando nesa imposible danza irónica
Ao fío da loucura, no arquivo máis escuro e corrupto do teu ser.

Mergullada no magma da túa mastodónica distorsión perceptiva 
non fas conta das evidencias, diferencias e advertencias. 
Camiñas en dirección prohibida, cegada pola túa fantasía, négandote a ver
Que non é o mundo enteiro contra ti. Se non ti enteira contra todo él.




viernes, 23 de diciembre de 2016

CÓDIGO DE BARRAS.

Agora que a luz volveuse sombra
e a sombra converteuse nese sol que non ilumina máis que feridas,
retallos de alegría perdida, lembranzas dunha época xa extinta.
Dunha vida que parece non ter sido miña.

Agora que non hai máis que tormenta,
que a lúa non me trae soños, nin esperanza, nin portas abertas.
Agora que xa percibo esta realidade en decadencia
disfrazada por Disney con premeditación e aleivosía.

Agora o sei.

Vivín demasiado tempo nun anuncio de colonia barata.
Nunha ilusión óptica perfecta e efémera,
Argallada nun despacho polo consumismo,
executada polo seu mediatizado exército de hipocrisía.

Agora e só agora é cando saio da caverna
para escoitar á verdade asubiarme ao oído a dura sentencia da nosa existencia.


"Todo é mentira. Non somos máis que un código de barras."

Paula Xirasola.