Agora que a luz volveuse
sombra
e a sombra converteuse nese
sol que non ilumina máis que feridas,
retallos de alegría perdida,
lembranzas dunha época xa extinta.
Dunha vida que parece non
ter sido miña.
Agora que non hai máis que
tormenta,
que a lúa non me trae
soños, nin esperanza, nin portas abertas.
Agora que xa percibo esta
realidade en decadencia
disfrazada por Disney con
premeditación e aleivosía.
Agora o sei.
Vivín demasiado tempo nun
anuncio de colonia barata.
Nunha ilusión óptica
perfecta e efémera,
Argallada nun despacho polo
consumismo,
executada polo seu
mediatizado exército de hipocrisía.
Agora e só agora é cando
saio da caverna
para escoitar á verdade
asubiarme ao oído a dura sentencia da nosa existencia.
"Todo é mentira. Non somos máis que un código de barras."
Paula Xirasola.
Preciosa!!!
ResponderEliminarPreciosa!!!
ResponderEliminar