sábado, 19 de noviembre de 2016

"NACÍN SENDO SOMBRA"


Non sei de luz, porque nacín sendo sombra.

Din que son negra, escura, malévola, retorta.

Non teño dereito a ser recordada de outra forma.





Non sei de agarimos, nin de apertas, nin de tanxentes.

Tan só coñezo líneas rectas.

Paralelas que, por máis que o intenten, non se achegan nunca a túa vida.



Sei de ausencia. De dor. De feridas.

De no ser quen de cumprir coas expectativas.

Tamén sei dese amor que non é amor, senon obriga.



Sei que xamais verás luz en min, artificial ou propia,

Aínda que me pinte de vermello, laranxa ou amarelo,

sempre serei un ser carente de cor.

Porque nacín sendo sombra e as sombras non brillan.


2 comentarios:

  1. Bravoooo Paulitaa!!!! Al final vas a tener razón... Existe belleza en la tristeza... Siempre que salga de tu pluma...

    ResponderEliminar
  2. Estremecedor. Muy bien narrado.

    ResponderEliminar