martes, 26 de abril de 2016

UNHA NANA PARA ADORMECER A MÁGOA



As ondas rompendo con forza no dique,
A "Lagoa dos nenos", chea de vida sen nenos. 
Os vertixinosos cantís de "Alto Príncipe".

"A Pedra Campá" abrindo unha xanela ao océano
A fina area de "Rodas", sempre querendo escapar dos meus dedos.
E a posta de sol máis fermosa do mundo, sentada en calquera punto de Faro.

Repetimos o voo.

As ondas rompendo con forza no dique,
A "Lagoa dos nenos", chea de vida sen nenos. 
Os vertixinosos cantís de "Alto Príncipe",

"A Pedra Campá" abrindo unha xanela ao océano
A fina area de "Rodas", sempre querendo escapar dos meus dedos.
E a posta de sol máis fermosa do mundo,  sentada en calquera punto de Faro..

Repetimos o voo. 
Repetimos todas as veces que faga falta. 
Porque isto non é poesía.
É unha nana para adormecer a mágoa 
e que os nervios se fundan nesa paz, perfecta e absoluta, que só existe en Cíes, 
esas pequenas illas das que sempre estiven namorada..







2 comentarios:

  1. Si esto non é poesía... que é? É fermoso, é fixome tremer o corazón, así que é poesía... e por certo, a min tamén me fai tremer así esas illas marabillosas nas que só estiven unha vez pero quero volver XA!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas por escribir e por adormecer a mágoa.

    ResponderEliminar