martes, 10 de mayo de 2016

"O XENIO QUE NON FOI FIGURA" 1er PREMIO DO CONCURSO A CIENCIA QUE CONTA 2016.


As noites vestían de verde esperanza nos seus ollos. Os soños non existían. So fórmulas bailando na súa cabeza, debuxando o pentagrama dunha melodía tan perfecta como efémera que, coa chegada da aurora, remataría no lixo exiliada e incompleta.

Se cadra, era máis doado atopar o punto inicial da Banda de Moebius que lidar con aquel crebacabezas de cifras e letras sen sentido. Porque cada día, Enigma mudaba de pel e renacía cunha cara distinta.

As veces, o cansazo e a fame causaban estragos e facían voar polo aire as mesas e as cadeiras. Collidas da man, frustración e ira tentaban derrubar ao intrépido xenio, coma os nazis botando aos cazas dos aliados do ceo. Mais el non desistía. Aínda que as cartas non fosen boas. Non tiña pensado erguerse da mesa ate gañarlle a partida a esa sombra que pretendía engulir dun só bocado a toda Europa.

Pasou moitas noites esfollando margaridas no seu maxín, ate que ao fin o código apareceu espido ante el. Fráxil e indefenso. Coma un neonato que tras moito esforzo é arrincado da placenta materna.

Estados Unidos anotouse o tanto. Eisenhower cubriuse de gloria. Todos eles heroes a medias. En realidade foi Alan Turing quen, armado da súa mente marabillosa, puxo o punto e final a esa guerra.

Mais o xenio morreu sen ser figura. Porque o cianuro da mazá coa que acabou coa súa vida, foi mais agradecido que aquela sociedade rancia e enferma.

Paula Xirasola.

A fermosa e brillante dramatización de “O xenio que non foi figura” realizada por Manuel Vicente coa locución de Anxo Quintela pode escoitarse na seguinte ligazón.


                   






"EL GENIO QUE NO FUE FIGURA". 1er PREMIO DEL CONCURSO "A CIENCIA QUE CONTA" 2016 (Traducción al español. Texto original en gallego)

Las noches vestían de verde esperanza en sus ojos. Los sueños no existían. Solo fórmulas bailando en su cabeza, dibujando el pentagrama de una melodía tan perfecta cómo efímera que, con la llegada de la aurora, finalizaría en la basura exiliada e incompleta.

Tal vez, era más fácil encontrar el punto inicial de la Banda de Moebius que lidiar con aquel rompecabezas de cifras y letras sin sentido. Porque cada día, Enigma cambiaba de piel y renacía con una cara distinta.

A veces, el cansancio y el hambre causaban estragos y hacían volar por los aires a las mesas y a las sillas. Cogidas de la mano, frustración e ira intentaban derribar al intrépido genio, como los nazis echando a los cazas de los aliados del cielo. Mas él no desistía. Aunque las cartas no fueran buenas. No tenía pensado levantarse de la mesa hasta ganarle la partida a esa sombra que pretendía devorar de un sólo bocado a toda Europa.

Pasó muchas noches deshojando margaritas en su cabeza, hasta que al fin el código apareció desnudo ante él. Frágil e indefenso. Como un neonato que tras mucho esfuerzo es arrancado de la placenta materna.

Estados Unidos se anotó el tanto. Eisenhower se cubrió de gloria. Todos ellos héroes a medias. En realidad fue Alan Turing quien, armado de su mente maravillosa, puso el punto y final a esa guerra.

Mas el genio murió sin ser figura.Porque el cianuro de la manzana que acabó con su vida, fue más agradecido que aquella sociedad rancia e enferma.

Paula Xirasola.


La hermosa y brillante dramatización de "El genio que no fue figura" realizada por Manuel Vicente con la locución de Anxo Quintela puede escucharse en el siguiente enlace. 










"PETERPAN". RELATO PUBLICADO POR LA EDITORIAL ELVIRA EN EL LIBRO ALITERARTE



- Por onde empezo?… 
- Por onde queiras. 

Volve ser luns. Non quero ir ao colexio. Para min estar sentado oito horas nunha cadeira é un auténtico inferno. Como son un bulebule, a miña mestra rífame de seguido sen saber que grazas a ela aumenta máis o desprezo dos meus compañeiros.

As clases son moi aburridas. Xa nada me interesa. Antes levantaba a man cando a profe preguntaba, pero xa non, despois de tantas veces escoitala " alguén máis á parte de Xián?” Agora, para evitar esa resposta non pregunto.

En canto aos exercicios.... tampouco os entrego. Como era tan rápido en rematalos os demais compañeiros enfadábanse pois a mestra non dá tempo para o resto cando termina o primeiro. Dende entón sempre os deixo incompletos. Prefiro un castigo na casa que unha malleira á saída do colexio.

Mais o peor, sen dúbida, é o recreo. Sentado nun recuncho desexo que alguén se achegue ao meu carón. Coa cabeza e os brazos apoiados nos xeonllos miro cara a un lado e ao outro buscando nos ollos dos demais unha mirada amiga. Pero algo no meu interior fai que me comporte coma un turbillón, algo impide que os demais me acepten, algo que non podo controlar.

Eu non quero falar moito, nin rápido, nin saltarme as quendas, nin responder antes de que a miña mestra remate de formular a pregunta. Gustaríame tanto ser un máis e que alguén me escollese nos xogos… aínda que fose de último. Pero é imposible.

A miña mamá di que teño algo que se chama trastorno por déficit de atención e hiperactividade. Xamais poderei ser un simple neno, un neno feliz, un neno que ten amigos, un neno normal. Catro letras me condenan, unhas siglas a modo de etiqueta fatal, TDAH. As bágoas caen dos meus ollos tras media hora eterna de recreo morrendo no intento de ser aceptado. Ninguén se achega. Mañá será igual.

E así paso os días, de luns a venres, desexando que soe o timbre para chegar a casa e perderme nos historias do meu libro favorito, sucando o ceo, xunto a Peterpan. Aínda que ultimamente non teño humor nin para iso. A miña mochila agarda no cuarto. Non quero percorrer outra vez o camiño ao colexio co peso do meu trastorno ás costas. Nin ser máis o motivo das risas, o incomprendido ou o neno solitario. Estou farto! Mais non podo escapar.

A medida que avanzo, o gris das rúas vólvese acorde ao meu estado de ánimo. Subindo Regueiro, atraveso o patio que leva ata Povisa, triste e amoucado. De sócate algo chama a miña atención. Entre os edificios atopo unha cousa que nunca vira, un auténtico arco da vella composto por casiñas de planta baixa debuxan na miña cara un sorriso, coma se a esperanza tomase forma de pequena barriada. As paredes son de todas as cores, rosas, laranxas, amarelas… As xanelas relucentes coma se alguén viñera de limpalas, nas repisas flores radiantes e fermosas aínda sen ser a súa época, e no medio e medio, unha porta entreaberta cun resplandor que chama por min dende a escuridade que asoma por ela.


Ao principio dubido, miro con receo, sinto medo. Mais a curiosidade impúlsame a descubrir o misterio. Atraveso a porta verde e esta péchase ao meu paso, deixándome a escuras, sen ver nada máis que aquela luz iridescente. De súpeto o escintileo achégase a min, cada vez máis e máis e cando xa o teño na punta do meu nariz…Maxia! A luz convértese no heroe da miña infancia. Non dou crédito, estou paralizado, abraiado! Teño ante os meus ollos ao incrible, o inigualable, o verdadeiro Peterpan!

- “Como vai esa vida Xián? Veña, imos sucar o ceo unha vez máis” 

Os meus pés sepáranse do chan. O meu corpo elevase e Peterpan empeza a voar a toda velocidade ao meu redor, semella un mosquito ao que é imposible dar caza. Ao seu paso queda un ronsel de brillantina que vai invadindo todo de luz e que deixa ao descuberto unha morea de nenos perdidos pintando, xogando co balón, escribindo, contando chistes, facendo experimentos e incluso teatro... Hai mais nenos coma min! E todos parecen felices nese lugar fantástico, ideal, no Pais de Nunca Xamais.

- Xián. Xián! 
- Que? Que foi? – contesto 
- Remataches xa de describir como te sentes?
 - Ah... Si. Coido que si. 
- Ben por hoxe abonda. Na próxima sesión o comentamos