As
noites vestían de verde esperanza nos seus ollos. Os soños non existían. So
fórmulas bailando na súa cabeza, debuxando o pentagrama dunha melodía tan
perfecta como efémera que, coa chegada da aurora, remataría no lixo exiliada e
incompleta.
Se
cadra, era máis doado atopar o punto inicial da Banda de Moebius que lidar con
aquel crebacabezas de cifras e letras sen sentido. Porque cada día, Enigma
mudaba de pel e renacía cunha cara distinta.
As
veces, o cansazo e a fame causaban estragos e facían voar polo aire as mesas e
as cadeiras. Collidas da man, frustración e ira tentaban derrubar ao intrépido
xenio, coma os nazis botando aos cazas dos aliados do ceo. Mais el non
desistía. Aínda que as cartas non fosen boas. Non tiña pensado erguerse da mesa
ate gañarlle a partida a esa sombra que pretendía engulir dun só bocado a toda
Europa.
Pasou
moitas noites esfollando margaridas no seu maxín, ate que ao fin o código
apareceu espido ante el. Fráxil e indefenso. Coma un neonato que tras moito
esforzo é arrincado da placenta materna.
Estados
Unidos anotouse o tanto. Eisenhower cubriuse de gloria. Todos eles heroes a
medias. En realidade foi Alan Turing quen, armado da súa mente marabillosa,
puxo o punto e final a esa guerra.
Mais o
xenio morreu sen ser figura. Porque o cianuro da mazá coa que acabou coa súa
vida, foi mais agradecido que aquela sociedade rancia e enferma.
Paula Xirasola.
A fermosa e brillante
dramatización de “O xenio que non foi figura” realizada por Manuel Vicente coa
locución de Anxo Quintela pode escoitarse na seguinte ligazón.
Un merecidísimo premio. Parabéns Paula Xirasola.
ResponderEliminarO verde esperanza nos seus ollos. Relato dinámico. muy bien escrito y con un contenido muy acertado para el concurso "ciencia que conta"
Un merecidísimo premio. Parabéns Paula Xirasola.
ResponderEliminarO verde esperanza nos seus ollos. Relato dinámico. muy bien escrito y con un contenido muy acertado para el concurso "ciencia que conta"
Esa es mi Paulita!!!!! BRAVO
ResponderEliminarXavi.L
Eres buena, me encanta
ResponderEliminar