jueves, 4 de diciembre de 2014

A SENTENCIA DE WATSON


Watson, amoucado e triste, recolleu as súas pertenzas. Cincuenta anos de traballo no laboratorio resumidos nunha caixa de cartón e unha carta de despedimento. Psicólogo de profesión, conductista por vocación, pensaba que os seres humanos eran axentes pasivos ante o ambiente, que reaccionaban únicamente ante estímulos externos. Non había sitio para as emocións sen ter causadas por algo de fora. Ata que Rosalie apareceu.
 
Lista, esbelta e loira. A máis fermosa da primeira fila facía tremer a Watson, que non era quen de continuar a sua clase maxistral cada vez que lle adicaba unha mirada sostida. A sua cara palidecía tomando a cor da lúa, o corazón batía no peito coma tambores de guerreiros, xeada suor corría pola sua fronte engurrada e, logo, fuxía. Coma quen ve unha pantasma. Sen explicacions, sen excusas, sen mirar atrás.
 
Un bo día, o pobre de Watson non puido mais. Sen pensar na sentencia, sen facer conta das consecuencias, decidiu declarar o seu amor a súa musa, a súa diva, a protagonista da traxicomedia de triste e fatal final para Watson.
Tardou horas en escribir estas duas liñas que deixou nunha nota enriba da mesa da primeira fila "Todas e cada unha das miñas células, de forma individual e colectiva pertencen a ti, princesa"



No hay comentarios:

Publicar un comentario