ESTEREOTIPO
E alí estábamos nos, na praza de Jamma El Fna, no mesmiño corazón de Marrakech, collidos da man. O meu marido ao meu carón, coa sua mochila por diante, co estereotipo totalmente activado xerando desconfianza na súa mente por atoparse rodeado de tanto árabe, deses "malos" que saen na tele que disque queren dominar o mundo e quen sabe que máis. Eu xa levaba tres países árabes ás costas con este, non tiña nada que temer.
De súpeto apareceu un home, Yamal facíase chamar, e ofreceunos os seus servicios como guía pola Medina os cales aceptamos. Jamal comezou a camiñar serpenteando esas pequenas rúas semellantes a aquelas que rodean a Alhambra de Granada, co chan de pedra de adoquin, tenderetes de comida, postos de coiro, de xoias e de todas cantas cousas poidamos imaxinar. A ambos os dous lados todos iguais, os edificios, de non mais de duas plantas e de cor ocre, lembraban ó deserto.
De cando en vez, nalgún cruce da medina asomaba unha rúa maior ateigada de toda clase de vehículos, motos con bebés nos cestos dianteiros, coches, cabalos, homes tirando de carros... Un auténtico caos. E no medio dese barullo unha enorme presencia policial e militar. Estaban por todas partes, coma se de un segundo ao outro poidera estalar un conflicto ou peor, a Terceira Guerra Mundial.
Abraidos por este dato preguntamos o noso guía a que se debía tanta seguridade, que era o que acontecía. El gardou silencio e logo de pensalo un chisco contestou "Marrakech está a vivir unha guerra moi intensa, unha loita silandeira ós ollos do mundo, un problema que ninguén salvo os que vivimos aquí coñece. Radicais chamados fillos de isis atraen ós turistas e os pobres, prometendo mulleres, boa comida e riqueza a cambio de formar parte da sua orde, sen saber que non é precisamente unha comunidade se non un exercito sanguinario coma ningun outro que existese na historia da humanidade. Queren dominar o mundo pero o mundo debe ser ceibe, sabe señorita?
Ao escoitar estas palabras da boca dun árabe resplandeceron os ollos do meu marido e sen darse conta, colocou a sua mochila para atrás e lanzou este pensamento ao aire "Que triste que teña que chegar aqui para coñecer de verdade o mundo. O medo vende, o medo crea votos"
Dominar o mundo... que triste pretensión... como si o mundo se fose deixar dominar...
ResponderEliminar