Nada mais lonxe da realidade. O meu home non é tan delgado, nin moito menos alto. A súa barriga é máis grande que as alzas que leva nos zapatos. E que dicir de esa pose distinguida e estirada. O pintor fixo un bo traballo.
En canto a min... Con esas meixelas rosadas, e ese longo cabelo loiro platino, nin que fora Rapuncel. E inda por riba encinta. Coma se a avaricia non durmira na nosa cama. De risa
O instinto paternal espera agochado na caixa forte , non vaia ser que por sacalo a relucir acabe con todo para alimentar unha boca máis e darlle estudos en Leipzig. Os homes prefiren xogar coas fulanas no bulevar e nos agardamos na cama, inmaculadas e desesperadas, coa libido ansiosa por dar renda solta aos nosos desexos.
Sen fillos nin sexo, tendo que ver cada día ese maldito cadro perfecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario