miércoles, 3 de diciembre de 2014

MANUAL PARA AMAR.



O primeiro que debes facer, antes de nada, é achegarte a esa persoa que ten algo especial para ti. Sen dúbida é un paso difícil, tes que ser atrevido. Unha vez consigas unha cita sentarás diante dela e farás conta das túas constantes vitais. Latexa forte o teu corazón ? Tan forte como o paxaro na gaiola batendo as contra os barrotes que o separan da liberdade? Se a resposta é afirmativa está claro que pasa algo, pero non abonda.


Observa as túas mans. Tremen? Ou móvense facendo caso omiso ao teu cerebro que repite “conserva a calma, non estas diante de calquera, senón do teu amor! E as túas palabras? soan fluídas coma se tiveses unha caixa de música na boca que recita a mais fermosa das melodías? Ou repites sílabas cos teus labios coma se de pronto esqueceras ás seguintes ? E a cabeza? Está centrada na conversa ou sentes como o teu pensamento descoordina tentando escoitar as súas palabras sen despistarte, mentres te engaiola a súa beleza? Se a segunda opción é a túa, é que estás namorado. Pero con iso tampouco abonda.


Non abonda con sentir esa corrente que che invade por dentro e que che acelera, non abonda con que o teu corpo responda frenético e se acenda desconectando todos os teus circuítos para centrarse soamente na persoa amada. O desexo é algo efémero, baleiro, pasaxeiro. Para amar desexarás que o tempo se deteña, que as vosas vidas se conxelen nese instante. E hai mais. Deberás ter disposición para entregarte en corpo e alma. Respectar todas as súas teimas por ridículas que parezan. Se irrompes na súa vida para poñer a túa nela amarás todas as súas facetas, defectos, virtudes e carencias. Celebrarás as súas victorias, rirás os seus chistes, serás mais que un amigo en quen pode confiar, un paraugas na chuvia. Para amar ,por moi triste que pareza, a túa vida só terá sentido cando esteas xunto ao teu amor. Porque niso consiste. En dar todo aínda que non suceda á inversa.




Paula Xirasola.

                                

No hay comentarios:

Publicar un comentario